domingo, 21 de septiembre de 2008

Soneto non é...mais...




Añórote

no cuarto de baño;

cando a billa soa a cepillo de dentes,

ó teu cepillo de dentes

espertando ó meu lado.


Añórote

no fregadero;

en cada bico almaceado

na estafeta do meu pescozo

á espera dun novo encerro.



Añórote

na luz do mediodía;

a das preguntas dobres

cando ti mas fas

para que eu resposte.


Añórote

nos corredores;

en tódolos que

non me devolven

a túa voz ó final do meu "non te escoito".



Añórote

nas tardes;

nas que saben a salitre

e nas que ulirán a outono, inverno e primaveira,

en todas por preceder ás noites.



Extráñote

nos atardeceres libres

e sen embargo prisioneiros do recordo

dos maratóns

de deporte compartido.


Añórote

añórote tamén nos "post-ites" valeiros

reservados en branco

para a verba

que de novo amaneza ó teu carón.



Añórote

nos pixamas;

que xa só son a excusa

para os preámbulos das nosas mans

rastreando os nosos corpos.


Añórote

en cada soño

que non nace na túa aperta

e aínda así é teu, por seres tí seu único dono.



Añórote

en cada unha das noitnes que no estás

por seres tí, meu neniño, meu durmevela;

mecenas dos tardíos espertares

con sabor a leite con galletas.



Añórote

a cada hora e a cada intre

que téndote non te teño;

en cada salaio que me arrincas a distancia

i en cada salouco que aúlla túa ausencia.



Añórote,

añórote tanto

que o extraño

sería non extrañarte...

xa que facelo

será verte

ó ritmo do acelerado latido

de quen descobriu

nas súas gañas o infinito.