miércoles, 15 de agosto de 2007

Lo prometido.....

A todos vós, compañeiros de viaxe a carón das redes...

Chove.
E non me podo resistir.
Chove.
e aterréceme a idea de non poder facelo.
Chove.
Quixera poder seguir, coma sempre seguir.
Segue chovendo...
e dame medo que esas pingueiras que escorregan só sexan o reflexo das bágoas que embeben estas verbas.

Quero voltarme, velas; aínda sendo un reflexo, quero velas, palpalas, sentilas..e esvarar con elas pola súa mesma aparencia. Percorrer na súa compaña o teu rostro, recoñecerte, poder atenguerte...aínda co risco de que te esvaezas.

Pecho os meus ollos pretendendo ocultar os teus. Con todo, segues o teu camiño cara o abismo do metálico, do caótico. Somérxome no pequeno océano vertical da habitación e chego ó val do teu nariz.

Acurrúcome e lembro que existen lares de paz nos que os brazos deixan de selo para converterse en ás. Exténdoas e os teus ollos, antes soterrados, saláianme entrecurtados. Pescudo a súa presencia e sei que non sorrín. Descendo da cunca do teu iris esquerdo, pertúrbame o dereito. Quero agarrarme á saba do teu ollar, sobrevivir aí por sempre, arroupada, oculta...pero esvaro.

Atérrame a idea de esnaquizarme en máis pedazos dos que xa son puzzle. De súpeto, sorrís, engaiolándome nas túas noites en vela e redimíndome do inevitable, perdéndome nas túas sombras.

Crinme perdida no oasis da túa soedade e tiven medo de esquecerte para sempre. Tentei fuxir pero foron as ráfegas dos teus saloucos os que me depositaron no umbral das túas vontades. Foi entón cando comprendín o medo que senten as túas verbas ó seren aloumiñadas pola seda da túa maquinaria.

Lene movemento para tan estremecedoras consecuencias...Susurráchesme o eco dos teus silencios i enloquecín. Tanto como para venderme ó alento dos teus desexos. E de súpeto espertei sostida sobre as cordas do teu propio monicreque. Articuláchesme ó teu antollo e non me amolou; é máis, crino. Tentaches acariciarme, pero foi entón cando me deixaches escapar estremecido polo centileo dunha ferida.

E precipiteime no abismo dos mares máis despiadados, naqueles que por insondables están anegados polos lindes do imposible.

Soñei que surcabas a miña memoria na busca do teu recordo. Soñei que te afogabas no meu.

Chovía, chove...segue chovendo...mais agora son as túas bágoas as que surcan as paisaxes da miña faciana.

Esperto.
¿Soño?
Esperta.
Estabas.
Estou.
Estaba.

4 comentarios:

Pilar M Clares dijo...

Ay,,,me quedé en ascuas en convertirse en "às", dime con urgenia qué significa. Es bellísimo este poema, lo entiendo casi todo, per putada no conocer tu idioma, qué bonito, qué gran tierra tienes. Besos

Pilar M Clares dijo...

Vuelvo a leerlo, delicioso, me gusta de arriba a abajo, y lo que va sucediendo. El final es fantástico. (Entré otra vez porque me lo pedía el cuerpo, jj) Besazos.

(¿Qué diccionario me recomendarías de gallego-castellano? Besico)

Aloia dijo...

Qué riquiña eres Pilar, cuando quieras hacemos un curso on-line!!

Ás significas alas en ese contexto, pero puede ser otras cosas...poco a poco; es muy fácil mi lengua, y muy agradecida, ya verás.

Te recomiendo el Xerais, para mí es el mejor diccionario, en cualquiera de sus variantes.

Me ha hecho mucha ilusión tu comentario, esto lo tengo escrito desde hace años y no acababa de convencerme...GRACIAS.

Mil biquiños.

Raquel dijo...

Yo me apunto al curso on-line, el poco gallego que aprendí lo tengo bastante oxidado, y me apetece leer cosas como ésta en su propia lengua. Un beso